Mostrando entradas con la etiqueta 2011. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2011. Mostrar todas las entradas

Promoción Económica destina 170.000 euros á creación e consolidación de novas empresas

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o programa de fomento do emprendemento Compostela Activa 2011. Enmarcado no Servizo de Apoio á Empresa.
No mesmo acto Pablo Oubiña, Gañador do Premio de Novas Ideas Empresariais Categoría Autoemprego no ano 2010, presentou a súa iniciativa empresarial Enkenda
Para aquelas persoas que teñen unha idea de negocio, pero non dispoñen de medios para materializala, organiza o Concurso de novas ideas empresariais. Para axudar a que se consoliden as empresas de recente creación, convoca unha liña de incentivos. Estas dúas convocatorias de Compostela Activa 2011 contan cun orzamento de 84.000 euros.

Nun contexto económico de crise, a Concellaría de Promoción Económica aposta por manter os orzamentos dedicados no ano 2010 a este mesmo obxectivo dadas as necesidades (detectadas a través do Servizo de Apoio á Empresa) que presentan as persoas emprendedoras e as novas empresas precisamente neste contexto. Destes 84.000 euros, 60.000 destínanse a Axudas para a creación de novas empresas, e 24.000 euros ao Concurso de novas ideas empresariais.

Un estudo de Xuventude constata a primeira xeración tecnolóxica de Compostela e a escasa presenza do fenómeno "Ni-ni"

O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentou o EstudoXoven 2011, unha radiografía da mocidade de Compostela extraída de 1.500 entrevistas. O informe reflicte a escasa presenza na cidade da considerada xeración Ni-ni, ou sexa, a de aqueles mozos que nin traballan nin estudan. Por contra, si se constata unha xeración moi en contacto coas novas tecnoloxías.

"O estudo constitúe o punto de partida na análise da realidade social dos mozos composteláns, que vai favorecer a posta en marcha do Plan Integral de Xuventude de Santiago, un instrumento que garantirá a fomentará a plena participación dos mozos na vida política, social, económica e cultural", indicou Xosé Baqueiro. Así, citando as conclusións do estudo sobre a xuventude, apuntou como liñas prioritarias nas que traballar as seguintes: información, emprego, vivenda, saúde e calidade de vida, formación, participación e fomento do asociacionismo e promoción e dinamización xuvenil.

Modesto Gómez, responsable de Enxeño Galicia, a empresa encargada de realizar o estudo, analizou os principais datos do mesmo. O primeiro efecto ao que se referiu foi o carpe diem, aplicado ao feito de que o 92% dos mozos non teñen fillos. Ademais, un 92% do total está solteiro.

Ocho entidades locales suscriben un pacto por el empleo que invertirá 8 millones hasta el 2011

El Ayuntamiento y siete entidades vinculadas al mercado laboral suscribieron ayer el segundo Pacto Local polo Emprego que hasta el 2011 desarrollará iniciativas formativas y políticas de empleo y promoción económica por valor de ocho millones de euros. La financiación provendrá de las administraciones central, autonómica y local y su finalidad es reducir las tasas de desempleo a través de la creación de empleo de calidad en coordinación con los agentes económicos y sociales vinculados al desarrollo del mercado laboral de Santiago.

El Ministerio de Administraciones Públicas aportará casi 1,3 millones y el Ayuntamiento hará lo propio con otros 2,7 millones. Los cuatro restantes provendrán de la Xunta, según el compromiso de su anterior gobierno.