Mostrando entradas con la etiqueta Promoción Económica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Promoción Económica. Mostrar todas las entradas

Promoción Económica incentiva a inserción sociolaboral de desempregados en situación de risco ou exclusión social

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, e o presidente da Asociación Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández, presentaron en rolda de prensa a Campaña de Difusión das Empresas de Inserción Laboral, que contempla un seminario dirixido a entidades de iniciativa social, unha charla dirixida ao movemento veciñal, unha exposición fotográfica e unha presentación co tecido empresarial e as organizacións sindicais. O investimento municipal desta campaña será de 9.000 euros.
Iglesias sinalou que estas empresas participantes na campaña deben desenvolver actuacións de inserción "que lles proporcionen ás persoas traballadoras medidas de apoio personalizadas consistentes en formación profesional, adquisición de hábitos sociais de traballo e acompañamento social". En total, serán 10.000 persoas as potenciais beneficiarias desta iniciativa.

O responsable de Promoción Económica engadiu que "outra das características destas empresas é que deben contar cun mínimo dun 30% de traballadores/as en inserción respecto ao total do cadro en cómputo anual, agás os límites específicos para sociedades cooperativas e de sociedades laborais, e en todo caso nunca menos de dúas persoas, agás empresas de catro ou menos traballadores/as, que terán unha cando menos".