PROXECTO PERSOA
O Proxecto Persoa ten coma obxectivo promover a integración laboral de persoas desempregadas, a través da súa participación nun proceso integral de inserción (formación, práctica en empresa e apoio á colocación), en sectores considerados novos xacementos de emprego.
O Persoa focaliza a súa atención nos servizos persoais a coidadores de persoas maiores, de persoas enfermas e discapacitadas físicas ou psíquicas e menores, un sector identificado como un novo xacemento de emprego en Compostela. Estes servizos desagréganse en oito accións formativas, a través das que se forman 120 persoas, 15 en cada acción. Estas especialidades son:
- Especialista no coidado e atención a persoas maiores e discapacitadas
- Especialistas en mediación familiar e socioeducativa na resolución de conflitos
- Reparación, mantemento e adaptación de edificios e vivendas para maiores e dependentes
- Atención temperá e estimulación precoz
- Auxiliar de axuda a domicilio
- Dirección e xestión de centros e servizos de atención a maiores
- Xestión e desenvolvemento de servizos e empresas de axuda a domicilio
- Especialista en asistencia persoal
Ademais, a través do Persoa, incentívase a constitución de novas empresas, cun servizo de asesoramento e apoio específico aos usuarios do proxecto para a creación das súas propias iniciativas empresariais. Todo iso realízase como parte dun itinerario integrado de inserción profesional. O Proxecto Persoa desenvólvese en catro fases, implementando dúas accións formativas en cada fase.
No derradeiro programa as persoas participantes reciben unha bolsa de asistencia de 325 euros ao mes durante o período de formación teórica e práctica en empresa
Persoa II | Persoa III | Persoa IV | ||
1ª quenda | 2ª quenda | |||
Homes | 4 | 6 | 41 | |
Mulleres | 39 | 97 | 19 | |
Total | 43 | 103 | 60 | 60 |
Persoa II | Persona III | |
Universitarios | 21 | 53 |
Bacharelato | 8 | 35 |
Secundaria | 10 | 14 |
Sen estudios | 4 | 1 |
Total | 43 | 103 |
PROXECTO PERSOA II
O proxecto Persoa II naceu có obxectivo de favorecer a integración laboral das persoas desempregadas a través da súa participación nun proceso integral de inserción, en ocupacións encadradas como novos filóns de emprego. O proceso contemplou formación, práctica laboral e acompañamento.
Dividiuse en dúas fases. En cada unha delas participaron 40 persoas pertencentes a colectivos de difícil inserción: persoas discapacitadas demandantes de emprego, mocidade sen emprego anterior, persoas desempregadas de longa duración con risco de exclusión social, emigrantes retornados/as e mulleres desempregadas de longa duración de entre 25 e 62 anos.
Logrouse a inserción laboral de 55 dos 80 participantes, unha porcentaxe do 68,75%. Ademais, a partires deste proxecto creáronse catro empresas: Serco (atención a persoas), Serpreco (atención a persoas), Xandobela (servizos de ocio) e Expertas (consultoría e formación).
A oferta formativa realizouse a dous niveis:
· Oferta de formación para a especialización: para ampliar a cualificación profesional dos/das técnicos/as que desenvolven a súa labor no ámbito da atención ás persoas. Impartíronse dúas especialidades: Técnico en apoio psico-social aos coidadores e Técnico en xestión de ludotecas.
· Oferta de formación e validación ocupacional: dirixida á formación de colectivos con grandes dificultades de inserción. Impartiuse a especialidade de Cociña e dietética para o fogar.
O Persoa II incluíu asesoramento e apoio ao emprendemento có obxectivo xeral de fomentar o espírito empresarial e a creación de empresas, proporcionando ás/aos usuarias/os interesadas/os no autoemprego a formación, tutela e asesoramento necesarios para avanzar na posta en marcha de iniciativas empresariais.
PROXECTO PERSOA III
O Persoa III centrouse no sector de servizos de atención a persoas, como rapaces, maiores e discapacitados de Compostela. Trátase dun novo filón de emprego, tal como a Concellaría de Promoción Económica detectou no Estudo prospectivo sobre os recursos e necesidades existentes en Santiago no ámbito da atención ás persoas maiores e/ou dependentes, elaborado en 2005.
No Persoa III tamén se seguiu a metodoloxía baseada nos Itinerarios integrados de inserción sociolaboral, guiados por titorías, que incluíron formación, prácticas en empresas e apoio á colocación. En total impartíronse sete especialidades consideradas novos filóns de emprego, que sumaron un total de 4.285 horas lectivas.
Especialidades impartidas
· Especialista en atención a persoas maiores e discapacitadas.
· Atención temperá e estimulación precoz.
· Especialista en mediación familiar e socioeducativa na resolución de conflitos.
· Especialista no coidado da imaxe persoal e estética a persoas maiores e/ou dependentes.
· Adestrador físico de persoas con discapacidade.
· Experto en envellecemento activo.
· Especialista en asistencia persoal.
PROXECTO PERSOA IV
O Proxecto Persoa IV é un proxecto experimental de emprego, que focaliza a súa atención nos servizos persoais a coidadores de persoas maiores, de persoas enfermas e discapacitadas, e de nenos/as. Ademais de traballar a inserción laboral incide na cobertura de servizos sociais fundamentais, formando ao alumnado nun sector considerado como un novo filón de emprego: o sector dos servizos ás persoas.
Promocionando este tipo de políticas, cúbrese unha demanda social, e avánzase, ao mesmo tempo, cara unha sociedade do benestar. En concreto, afrontase a cobertura de funcións ata agora asumidas polas familias, sobre todo polas mulleres, como é o coidado de persoas dependentes (maiores, menores, persoas discapacitadas, etc). Isto supón un lastre para o/a coidador/a, que con este programa, ademais de formarse profesionalmente, ve recoñecida e valorada socialmente a súa labor.
O Persoa IV conta cun orzamento de 720.000 euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo. Integrado no Pacto polo Emprego de Santiago de Compostela, esta dirixido a persoas desempregadas, sobre todo persoas menores de 30 anos e maiores de 45, desempregadas/os de longa duración e mulleres que abandonaron o mercado laboral e queren reinserirse.
A inserción social das persoas participantes realízase a través de Itinerarios integrados de inserción sociolaboral. Este proceso de orientación sociolaboral guiado por medio de titorías inclúe formación ocupacional experimental, formación en habilidades sociais básicas para a busca de emprego, prácticas en empresas, alfabetización informática, sensibilización ambiental, igualdade de xénero, acompañamento para a inserción con prácticas en empresas, e apoio á colocación.
Obxectivos:
1. Promover e desenvolver programas de formación e inserción sociolaboral, utilizando un sistema de orientación profesional personalizado.
2. Incrementar o volume de servizos persoais a menores, maiores, persoas discapacitadas e coidadores/as para mellorar a cualificación dos profesionais do sector dos servizos persoais en Santiago de Compostela.
3. Programar un itinerario de inserción profesional adecuado e favorecer a creación e desenvolvemento de novas empresas na cidade.
Primeira quenda à Das 60 persoas que participaron na primeira quenda, 41 mulleres (68,3%) e 19 homes (31,6%), formáronse en catro especialidades, de 15 alumnas/os cada unha. Son: Especialista no coidado e atención a persoas maiores e discapacitadas, Dirección e xestión de centros e servizos de atención a maiores, Especialistas en mediación familiar e socioeducativa na resolución de conflitos, e Reparación, mantemento e adaptación de edificios e vivendas para maiores e dependentes. En agosto rematou a fase de prácticas, e en setembro comezou a de inserción laboral. 50 persoas realizaron prácticas en 33 entidades e empresas. Das 60 persoas que participaron na primeira quenda, o 45% accederon ao mercado laboral a través de contratos de diferente duración.
228 persoas presentaron a solicitude para participar na primeira quenda do Persoa IV, que dura ata novembro de 2009. Das 179 inscricións, o 78,5% eran de mulleres, e 49 de homes, o que representa o 21,5%.
Segunda quenda à A segunda quenda, na que se imparten as especialidades de Atención temperá e estimulación precoz, Auxiliar de axuda a domicilio, Xestión e desenvolvemento de servizos e empresas de axuda a domicilio, e Especialista en asistencia persoal, comezou en xaneiro de 2010 e está previsto que finalice a finais de ano.