PROXECTO CREAR
O Proxecto Crear é un plan integral destinado a fomentar o acceso ao mercado do traballo no concello de Santiago de Compostela. Abrangue todos os aspectos que hai que ter en conta no proceso de inserción laboral: avaliación das capacidades do demandante, formación, prácticas en empresas e orientación tutelada no proceso de busca de emprego.
O obxectivo do Proxecto Crear é que accedan ao mercado laboral persoas con especiais dificultades de inserción ou reinserción: mulleres, persoas desempregadas de longa duración, etc.
A metodoloxía empregada no Proxecto Crear basease en Itinerarios Personalizados de Inserción. Despois dun primeiro contacto, os titores do programa realizan titorías personalizadas, onde os usuarios van perfilando o seu Plan Persoal de Inserción. Trátase dun itinerario adaptado ás súas expectativas, capacidades, potencialidades, aptitudes, experiencia, formación e preferencias.
Nunha segunda etapa desenvólvense obradoiros formativos á carta, orientados a mellorar as habilidades e posibilidades de inserción. A través do Crear VI impartíronse 22 accións formativas, para dar resposta as demandas de capacitación e formación das persoas usuarias. Sumaron 395 horas lectivas. Nelas participaron 227 alumnos e alumnas (este número supera ao de participantes no programa, porque é normal que unha persoa se inscriba e curse máis dunha acción formativa). Os cursos impartidos foron: Mantemento básico de instalacións en edificios, Xardinería e Mapostería, Ofimática básica, Francés básico, Habilidades comunicativas en lingua galega, Informática avanzada, Educación víal para o emprego, Curso de mellora da motivación para a BAE, Xestión de proxectos, Inglés, Adestramento en procesos de selección de persoal, Técnicas e procedementos de limpeza, Mellora nos métodos e procedementos de limpeza, Xestión de almacén, Facturación dixital, Limpeza técnica para persoal cualificado, Curso de competencias clave, Prevención de riscos laborais (construción), Prevención de riscos laborais (outros sectores), Curso de atención ao público e á clientela, Mellora das competencias profesionais e Técnicas de busca activa de emprego. Nos cinco últimos cursos, nos que se formaron 147 persoas, tamén participaron usuarios/as do Servizo Local de Emprego (Bolsa de Emprego).
A terceira etapa do Crear é a de achegamento á empresa, con prácticas ocupacionais para os usuarios que carecen de experiencia, sensibilización do tecido empresarial e colaboración con axentes sociais. Tendo en conta os recursos destinados a emprego e a análise do mercado de traballo búscanse ofertas axeitadas aos perfís dos demandantes.
A cuarta e última fase é a de intermediación laboral, na que se xestionan directamente as ofertas de emprego que publica a Concellaría de Promoción Económica, búscanse as vacantes ou postos ofertados máis axeitados ao perfíl das persoas participantes e envíase o seu curriculum á empresa ou entidade demandante. Aproximadamente un 90% das ofertas están testadas, é dicir, telefónase ao empresariado para informarse de que tipo de perfil require para o posto.
O Proxecto Crear VI conta cun orzamento de 168.235,29 euros, cofinanciados pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo. Nel participan 100 persoas, 60 homes e 40 mulleres. Ao proceso de selección presentáronse 410 persoas.
1. OBXECTIVO XERAL
Facilitalo acceso e a reincorporación ao mercado de traballo das persoas que sofren dificultades de inserción, especialmente as admitidas ao programa de renda activa de inserción.
Facilitar a incorporación ao mercado de traballo da cidadania, e a intermediación laboral de calidade entre as entidades empregadoras e os demandantes.
Facilitar a incorporación ao mercado de traballo da cidadania, e a intermediación laboral de calidade entre as entidades empregadoras e os demandantes.
Obxectivos especificos
- Mellora os dispositivos e sistemas de orientación e acompañamento aos desempregados.
- Reducir a tasa de paro no municipio, actuando sobre os factores determinantes da mellora da empregabilidade dos usuarios.
- Modificar a percepción da sociedade e do sector empresarial en particular sobre as condicións e potencialidades de determinados colectivos de desempregados.
Medios para o logro dos obxectivos
- Analizar os seus intereses persoais e profesionais frente ó emprego.
- Descubrir en que posto de traballo haberá máis posibilidades de inserción.
- Identificala formación que precisa para mellorar as súas posibilidades de éxito.
- Adquirir técnicas e recursos que os capaciten para unha busca de emprego axustada e autónoma.
- Coñecer as empresas de Santiago e a súa zona de influencia.
- Intermediar diante de posibles empregadores.
- Desenvolver ou potenciar habilidades para manter o posto de traballo
Modelo de intervención
2. IMPLEMENTACIÓN
A principal vantaxe do Proxecto CREAR, que vai xa pola súa quinta edición, radica nunha avaliación de cada un dos seus participantes, de cara a determinar cales son as súas aptitudes máis salientábeis. Este mecanismo permite identificar os posibéis postos de traballo que máis se axeitan ao seu perfil, preferencias e/ou nivel de estudos.
En base a esta análise, ponse a disposición dos participantes un amplo abano de ofertas formativas. Estes cursos están destinados a mellorar as capacidades do alumnado en relación a determinados aspectos, tanto xenéricos como específicos. Á hora de configurar esta programación téñense en conta as necesidades detectadas no mercado laboral, especialmente naqueles sectores nos que existe unha maior demanda de profesionais cualificados.
O Proxecto CREAR contempla, grazas á subscrición de convenios coas empresas locais, a posibilidade de que os seus beneficiarios realicen prácticas laborais. Unha vez concluídas as fases anteriores, o plan pon á disposición dos seus participantes as ferramentas precisas para acceder ao mercado de traballo. Nesta etapa de acompañamento e seguimento da inserción, as persoas beneficiarias contan co apoio de titores/as especializados/as.
A articulación e implementación das actuacións do proxecto están protocolarizadas en base as caracteristicas dos colectivos destinatarios a fin de garantir a prestación dun servizo persoalizado, en concreto establecense os seguintes itinerarios:
DESTINATARIOS | PROTOCOLO | ITINERARIOS |
Persoas desempregadas en risco de exclusión | MAPE-1.1 | Xóvenes menores con baixa cualificación |
MAPE-1.2 | Parados de longa duración, mayores de 45 anos | |
Mulleres con problemas de integración laboral | MAPE-1.3 | Mulleres |
Persoas Inmigrantes | MAPE-1.4 | Persoas Inmigrantes |
Perceptores e perceptoras de prestación e subsidio | MAPE-1.5 | Xenérico |
Nunha acollida inicial facílitase información e asesoramento sobre as características dun itinerario de inserción. Procúrase que o participante acceda dun xeito voluntario e activo, axudando no seu deseño e posta en práctica.
O proceso de actuación e fases levadas a cabo son similares en tódolos proxectos, no seguinte diagrama de fluxo vemos o procedemento de actuación.
3. PARTICIPANTES
Nas seguintes táboas mostránse os participantes que levaron a cabo os proxectos Crear, pódese observar que o perfil que predomina é: muller de entre 25 e 34 anos e con estudos universitarios de licenciatura
GRUPOS DE PARTICIPANTES | |
Xovenes sen emprego anterior | Xóvenes menores de 30 anos que acceden a súa primeira ocupación, especialmente aqueles que proceden do fracaso escolar. |
Traballadores desempregados de longa duración con risco de exclusión social | Persoas que teñen experiencia previa en distintos sectores profesionais sin continuidade, especialmente as maiores de 45 anos |
Emigrantes retornados | Persoas que teñen o recoñecemento para traballar no ambito da comunidade, que descoñecen o mercado laboral e non teñen o certificado de profesionalidade. |
Inmigrantes | Persoas inmigrantes en xeral que descoñecen o mercado laboral galego e teñen falta de habilidades sociales na busca de emprego e que teñen unha situación legal transitoria. |
Mulleres desempregadas de longa duración entre 25 e 35 anos | Especialmente ás que teñen cargas familiares |
Perceptores de prestación ou subsidio | Persoas que se atopan en situación de fraxilidade laboral. |
Nas seguintes táboas mostránse os participantes que levaron a cabo os proxectos Crear, pódese observar que o perfil que predomina é: muller de entre 25 e 34 anos e con estudos universitarios de licenciatura
PARTICIPANTES
Crear I | Crear II | Crear III | Crear IV | Crear V | Crear VI | |
Homes | 28 | 24 | 40 | 68 | 35 | 40 |
Mulleres | 47 | 51 | 60 | 132 | 40 | 60 |
Total | 75 | 75 | 100 | 200 | 75 | 100 |
PARTICIPANTES INSERTADOS
Crear III | Crear IV | Crear V | Crear VI | |
Homes | 27 | 67 | 21 | 30 |
Mulleres | 31 | 43 | 20 | 20 |
Total | 58 | 110 | 41 | 50 |
PARTICIPANTES INSERTADOS SEGUNDO A IDADE
Crear III | Crear IV | Crear V | |
16 – 19 anos | 0 | 0 | 0 |
20 – 24 anos | 6 | 9 | 3 |
25 – 34 anos | 35 | 48 | 25 |
35 – 44 anos | 11 | 35 | 9 |
45 – 54 anos | 6 | 18 | 4 |
55 – 64 anos | 0 | 0 | 0 |
Total | 58 | 110 | 41 |
PARTICIPANTES INSERTADOS SEGUNDO O NIVEL DE TITULACIÓN
Crear III | Crear IV | Crear V | |
Doutoramento | 0 | 0 | 0 |
Licenciatura | 14 | 48 | 17 |
Diplomatura | 9 | 10 | 4 |
FP grao superior | 5 | 8 | 6 |
FP grao inferior | 9 | 8 | 3 |
Bacharelato | 5 | 13 | 4 |
Estudos primarios / EXB / ESO | 16 | 23 | 7 |
Sen estudos | 0 | 0 | 0 |
Total | 58 | 110 | 41 |
4. SECTORES DE ACTIVIDADE E ÁMBITO DE ACTUACIÓN
A distribución da actividade por SECTORES ECONOMICOS reflexa claramente o predominio do Sector Servicios (Comercio, Marketing, Hosteleria e Turismo; Administración e oficinas e outros servicios relacionados cos Servicios a Comunidade tales como auxiliar de axuda a domicilio, coidadores, perruqueiros etc.. Todas estas familias profesionais teñen a tasa máis elevada en canto a distribución polo emprego. Tamén o Sector da Construcción ten unha tasa de emprego intermedia sendo moi representativa na cidade de Santiago. E por este motivo, queremos actuar con persoas desempregadas pertencentes a estos sectores e que figuren demandando emprego por especialidades según a listaxe das ocupacions do Servicio Público de Emprego.
5. RECURSOS TÉCNICOS, HUMÁNS E MATERIAIS
- Un equipo de profesionais a contratar no momento da execución do proceso de formación específica para impartir o programa do curso realizar o seguimento durante o curso e intervir na avaliación do mesmo con un informe conclusivo e final da formación acadada polos usuarios.
- Mestres para a impartición da formación xeral, formación transversal e formación especifica para tódolos colectivos e nas especialidades propostas para a formación de mulleres e xóvenes.
- Un equipo de profesionais cualificados profesionalmente para prestar servizos en todos os procesos organizativos
- Sensibilización e selección do participante
- Selección e coordinación do equipo de traballo
- Xestión da formación a carta, xestión prácticas profesionais e xestión da intermediación laboral
- Observación do Mercado Laboral e do local en particular
- Apoio, seguimento e asesoramento persoal o equipo eo grupo de participantes no proceso de busca
- Sensibilización e implicación ó Tecido Empresarial e os Axentes Sociais.