Imaxe da Guía de Oportunidades de Emprego no Nadal, onde aparecen os postos de traballo propios desas datas, ofertadas polas diferentes empresas que traballan coa Concellaría de Promoción Económica no fomento do emprego. Igualmente aparecen no interior desta guía, cursos formativos a disposición daquelas persoas que desexen adquirir coñecementos naqueles traballos dos cales se ofrecen os cursos.
Imaxe do Boletín de Ofertas de Emprego publicado con carácter mensual pola Concellaría de Promoción Económica. Nela recóllense todas as ofertas de emprego das que ten constancia o Concello mediante os diversos convenios de colaboración que ten coas empresas do municipio e comarca.
Cabe salientar, que no boletín so figuran as ofertas que previamente o Servizo Local de Emprego non puido ocupar coas persoas que tiñan eles incritas.